Amosando publicacións coa etiqueta recomendamo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendamo. Amosar todas as publicacións

10/01/19

RECOMENDACIÓN PROFESORADO






Comezamos o 2019 cunha recomendación que nos trae Gael Fernández, mestre de Pedagoxía Terapéutica. 

 
                                                          


" A Esmorga" de   Eduardo Blanco Amor.

   BIBLIOTECA 
120
GALEGA


Na miña opinión "A Esmorga" é unha das grandes obras da literatura galega. Supoño que por iso era unha lectura obrigatoria no bacharelato. Sempre me resultou incómodo facer lecturas obrigatorias de libros e autores que non me interesaban, ata que chegou o momento de ler " A Esmorga". Foi a primeira vez que puiden disfrutar dunha lectura "das que tanto me amolaban". Era unha historia diferente, narrada en galego e dun xeito distinto a todo o que vira antes. Chamoume tanto atención, que sempre lembrarei "A Esmorga" como unha das lecturas máis emocionantes e interesantes da miña etapa como estudante. 


                                                                   
                                                                

29/06/18

Recomendación lectora



LOS FORASTEROS DEL TIEMPO
                                              ( Roberto Santiago)
Recomendo o primeiro libro de Roberto Santiago “Los Forasteros del Tiempo” chamado “La Aventura de Los Balbuena en El Lejano Oeste”.
Este libro é moi interesante, nel fálase de dúas familias que un día foron a comprar unhas bicicletas, cando de repente sentiron un ruido no ceo e un tremendo resplandor blanco, un raio caeu e de pronto estaban no Black Rock, no corazón do salvaxe oeste.
A min o que máis me gustou foi que o pai de Sebas, o protagonista, nomeouse novo sheriff do Black Rock.
Estou seguro de que calquera neno ou nena que lea este libro lle vai encantar!!!
ROI LONGA GIL


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...