Amosando publicacións coa etiqueta novidadeslectoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novidadeslectoras. Amosar todas as publicacións

25/11/22

Novidades manga na biblioteca!

 

Chegan as aventuras de Amanda Black á nosa biblioteca así como algúns clásicos manga. A que esperas para levar o teu...????

 

 

 

11/01/18

RECOMENDACIÓN LECTORA



Ola lectores e lectoras:

Comezamos o 2018 coa recomendación de Sandra Souto, titora de 1º B ESO





"O Hobbit"  J. R. R. Tolkien

Editorial Xerais 
Colección Fóra de Xogo





"O Hobbit" é unha obra recomendada para calquera curso da ESO. Unha historia que pode ser gozada por un neno ( Tolkien escribiuna para divertir aos seus fillos ), pero que un adulto pode ler con pracer.

É unha novela chea de aventuras, na que aparecen seres fantásticos de todo tipo.
Ten a dose perfecta de lirismo, acción, aventuras, misterio e emoción; por iso é un libro perfecto para iniciar aos rapaces no amor pola lectura, neste caso pola novela fantástica.


                                                  "Nunca te rías dun dragón vivo"








13/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA






Esta semana, Begoña, a titora de 3º B, recomenda un libro solidario, adicado aos nosos avós e avoas que tanto queremos.

" A superavoa de Antón " 

 Javier Domínguez Pérez e Alba De Evan Freijedo.

Edit. Meu Rei 

Trátase dunha pequena novela infantil na que se narra a historia da familia de Antón e o seu día a día que non sempre é doado. As dificultades tórnanse máis pequenas cando se enfrontan con unión, cun sorriso e cando se conta con boas persoas que nos axudan coma a avoa Orísida.

Cunha linguaxe sinxela, adaptada aos cativos, abórdanse temas de actualidade coma o paro, a emigración, as dificultades económicas que viven moitas familias, as consecuencias persoais e sentimentais que se derivan destas, valores como a soliedariedade, o agradecemento por ter o necesario para vivir día a día, así como a importancia da unión da familia e dos nosos maiores.

O libro tamén nos ensina que cada un de nós podemos ser heroes coma a superavoa de Antón, figura que representa aos nosos seres queridos que tamén foron loitadores e traballadores incansables, dos que temos moito que aprender.




Por todas as avoas e os avós que loitaron pola nosa liberdade, 
polos nosos dereitos e eo noso benestar.
       Por todos aqueles que hoxe seguen facendo " O que hai que facer" 
para coidar dos seus pequeos reis. 
Grazas




03/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA



Gústanvos os enigmas? E as adiviñas? E os poemas?...




       Marisa, a profe de 5ºA  nos trae  unha recomendación lectora dun libro moi interesante...

                            UNIVERSO PITÁGORAS     Rocío Leira Castro
     
                                                          Biblos Clube de Lectores

Di o refrán que as apariencias enganan e que todo non é o que parece...A simple vista é un libro normal...pero está enmeigado...

                                                     


Esta novela foi enfeitizada hai uns anos por un vello e feo trasno matemático.

Ao final de cada capítulo aparece unha adiviña que ten como resposta un número...deberedes resolvela correctamente para saber en que capítulo seguir a historia...

Obra en galego, de fácil lectura, que nos atrapa desde o principio , xa que nos permite participar na investigación e resolución dos enigmas da novela.

                                                    Xiana, Xiana linda
                                                    princesa dos numeriños,
                                                    de ti namorouse un cadrado,
                                                    un rombo e máis un círculo.
                     
                                                    Por un camiño de números
                                                    o amor vai en romería,
                                                    peiteado de azucenas
                                                    e bordado de adiviñas. 

Recomendable a partir e 9 ou 10 anos.

Tres parrulos metidos nun caixón. 
    Contando patas e picos, cantos son? 


Entra no mundo máxico de "Universo Pitágoras" !!






21/10/17

RECOMENDACION LECTORA





                                                    "LA TRAVESÍA DEL FÉNIX"  
                                                                                                                                              David Neira 

                                                                   Editorial Círculo Rojo 


      


Este curso arrancan as lecturas do persoal do cole cunha novela que nos recomenda Mª José, titora de 4º A.

 Un home decide acabar coa súa vida no túnel que pasa baixo a cidade...Qué ocorre cos  personaxes  que deixa tras del? 

Unha novela que trata temas como a amistade, a familia, o amor...A fina liña que hai entre a casualidade e o feito de que todos estamos conectados dalgunha maneira cos demais, como a engranaxe dun reloxo...

E sobre o seu fillo, cansado de que o día a día non teña sentido. Apesarado pola morte do seu pai, subido á cinta que o transporta cada xornada de ida e volta...iniciará unha viaxe en tren na que topará diferentes personaxes e aventuras...

Moi amena e interesante, unha invitación a reflexionar sobre temas transcendentais da vida...

                                                      
                                                     Porque nada, nada é o que parece...


                                                       
                                                        

                                                   A que esperades para subirvos a este tren? 




            " Sen lectores non habería libros...sen soñadores, non existirían os soños..." David Neira. 

                                                                 



13/03/17

NOVIDADES LECTORAS

JOÃO MANUEL RIBEIRO MEU AVÓ, REI DAS PEQUENAS COUSAS


Autor: João Manuel Ribeiro
 Ilustracións: Catarina Pinto 
Tradución de Ánxela Gracián

"Eu non teño trono, coroa ou palacio coma os reis do mundo. Eu son un rei diferente de todos os outros. Eu son rei de min mesmo e da miña vida. Sendo rei, son señor de todo o que me pertence.

Iso é o que significa reinar. Eu reino sobre a miña vida, decido que facer, cando e como vivir. Reino sobre os meus pensamentos e ideas. E gústame ollar as cousas, non como realmente son, senón como poderían ser ou como a min me gustaría que fosen.
O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía".
Confeso qu
e non comprendín a metade do que o avó dixo, pero, gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado: –O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó!

Hércules de Ediciones 

Idade recomendada: + 11 anos
Temática:Familia, Afectos, Memorias

Meu Avó, Rei das Pequenas Cousas, como o título fai prever, céntrase nunha figura cuxo retrato comeza a deseñarse, directa e indirectamente, logo na abertura da narrativa: «El palacio del abuelo era la casa de la era» A metáfora anunciada polo título prolóngase ao longo de todo o relato e moitas asociacións do protagonista cun rei acompañan tamén identificacións como, por exemplo, casa da eira-palacio ou bicicleta-cabalo alado. Estas asociacións esténdense ao discurso visual da publicación, da autoría de Catarina Pinto, composto a partir dunha técnica mixta (recorte, colaxe, fotografía, etc.), que crea a ilusión de distintas texturas e perspectivas. Desde a capa e contracapa (que forman unha unidade semántica), pasando polas gardas da publicación, ata as imaxes do miolo do volume, as ilustracións dan conta do carácter marabilloso de certos momentos, da forte presenza de elementos naturalistas, da profunda conexión afectiva entre as personaxes e do tratamento de temáticas intemporais. O amor, que serve para «sazonar todas as cousas», como se di no texto, o amor aquí dado a coñecer en múltiples vertentes –o amor do neto polo avó, o amor do rei-avô pola súa raiña ou o amor á natureza–, distínguese como un dos eixes semánticos estruturantes da acción. Extracto da crítica de Sara Reis dá Silva



O OSO E O PIANO


Autor: David Litchfield Tradución de Pilar Bendoiro


"Un día, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. –Que será esta cousa tan estraña? –pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas... Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás. Unha emocionante historia de exploración e pertenza".



EN FAMILIA! E OUTROS PARENTES



Hércules de de Ediciones vén de publicar no 2016 o libro En familia! de Alexandra Maxeiner, con ilustracións de Anke Kuhl. A tradución ao galego é de Rosa ,Marta Gómez Pato. O álbum ten recibido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Alemaña.

Como ben nos indica no título: En familia! sobre a filla da nova parella do irmán da exmuller do pai e outros parentes, o libro presenta a diversidade de familias coas que nos podemos atopar na sociedade: con dous pais, con dúas nais, con só pai ou nai, con pais  separados, con medios irmáns e medias irmás, con dúas casas ... concluíndo que cada familia é única.

Esta proposta non debería faltar nas bibliotecas escolares, ben nunha selección para pais e nais, ben nunha mochila para as familias ou mesmo para traballar co alumnado a diversidade familiar, nada allea ás nosas escolas.





"Ben pelexa ás veces coa súa irmá Lisa.

Mía non ten irmáns, pero ten todo por duplicado. Jakob ten un tres cuartos de pai a quen quere moito. Carla e Moritz teñen dúas mamás e dous papás.

Jule está triste e non ten ganas de ter unha nova mamá. Paula celebra o seu aniversario dúas veces ao ano.

A Moritz o seu pai lle chama parrulo?.

Leoníe ten a mesma voz ca a da súa nai.

Pero todos teñen unha cousa en común: cada un pertence a unha familia,e como esta só hai unha no mundo".


17/02/16

NENOS DO MUNDO





"Niños del mundo" 

de
 
Anne-Sophie Baumann &  Laurence Jammes 


Mireia, Marta e Mariña de 2º A nos presentan este interesante libro para coñecer a forma de vida doutros nenos de diferentes países, que comen, que visten, como van á escola... 



 
Abre as solapas e verás ilustracións de vivas cores e fotografías...descubrirás o mundo a través da vida cotiá de varios nenos e nenas: Said en Marrocos, Mame en Malí, Basanti en India, Xiao Ming en China, Elena na súa aldea de Grecia...



Todos iguais...todos diferentes...






27/01/16

RECOMENDACIÓN LECTORA






Sabela e Daniela de 4ºB recomendan unha colección de libros de aventuras cuxo protagonista seguro que vos soa de algo: chámase Greg.


"Son uns libros moi divertidos, parecen escritos á man polo propio protagonista".


Diario de Greg
de 
Jeff Kinney 

Editorial RBA



Se queres saber máis sobre a colección preme na foto de Greg.






20/11/15

UN LIBRO PARA ILUMINAR





Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas e descubriredes cal é o fogar das fadas. 
Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras. Poñédeo aberto baixo un foco de luz e despois apagádeo: as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente.




                                                   

15/10/15

RECOMENDACIÓN LECTORA




Gústavos viaxar?

A primeira recomendación lectora deste curso nola trae Fernando, o noso xefe de estudos e mestre de Ed.Física.

Cadernos de viaxe  
 
Editorial A NOSA TERRA
 
Unha colección de guías de viaxe moi prácticas para coñecer Galicia, con boas recomendacións sobre lugares coma Os Ancares, a Ribeira Sacra, A Costa da Morte, etc.
 
                     As ilustracións, textos, fotografías e gráficos corren a cargo de Anxo Fariña.
 
Podedes atopar información sobre el na web  www.migranha.com
 
 
 
 
Quen vive, ve...pero quen viaxa, ve máis...
 

29/09/15

RECOMENDACIÓN LECTORA


Ola lectores e lectoras:


 Esta primeira  recomendación nola manda a Asesoría de Bilbiotecas Escolares.







A actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer acadou con este libro o
 
XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2014 (Infantil)

Trátase dunha peza teatral, publicada por Baía Edicións, e ilustrada por Chus Ferrín.

O lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir, pero dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten a un gato rabudo que vive nese mesmo lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. 
Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente? 

Segundo a propia autora, é unha obra  "tenra,divertida e intrigante, na que os seus personaxes, Nina, a tartaruga; Duarte,o elefante, e Miñao,un gato malhumorado, conviven a pesar das súas diferencias".

                                                                  Unha historia ideal para representar...

                                                                          E ti...que personaxe queres ser?








01/06/15

RECOMENDACIÓN LECTORA





Navegaches algúnha vez ó longo dun río a bordo dunha balsa? Se o fixeches, lembraralo como unha das mellores aventuras da túa vida. Se non, arestora podes comprobar o apaixonante que pode ser viaxar polo río Mississipi con Huck e Jim. Eles son os protagonistas de:


"As aventuras de Huckleberry Finn"  

de 
     
Mark Twain 

Editorial Burlington Books  
Adaptación 4º ESO

Emily, a nosa auxiliar de conversa americana, nos trae esta recomendación de aventuras para practicar inglés.





The adventures of Huckleberry Finn is the story of a boy who wants excitement and challenge. He escapes from his drunken father and his boring, everyday life to look for adventure.
He and a runaway slave called Jim travel together down the great Mississipi River on a ratf, where they face many obstacles on their way to a new life.



My name is Huckleberry Finn...











Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...