Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da paz. Amosar todas as publicacións

15/02/22

Entrega de premios Concurso de relatos sobre a Paz

 O pasado venres fixemos a entrega de premios do "concurso de relatos sobre a paz".

Estamos moi contentos pola gran participación do alumnado así coma pola calidade dos traballos presentados.
Coma sempre, premiouse aos grupos de maior participación, sendo estes 5°A de primaria e 1°A da ESO, e tamén aos mellores relatos de cada curso:
5°EP_Loaira Tejero Gómez
6°EP_Azeb Touriño Martínez e Antía Barreiro Riveiro
1°ESO__Sara Guimarey Catoira
2°ESO_non se presentou ningún alumno ao concurso, agardamos que para a próxima se animen.
3°ESO_Alba Isorna Felpeto
4°ESO_Raquel García Busto

Parabéns para tod@s @s participantes e en especial para estas pedazo de escritoras!!
Deixámosvos algunhas fotos da xornada.

01/02/21

Día da paz

 O 31 de xaneiro todos os anos celebramos o Día da Paz. Este ano facémolo con música e decoración nas ventás do centro.

Agardamos que vos guste!!




04/02/20

Día da Paz

Aquí vos deixamos os traballos que os alumnos/as de 6º de EP fixeron na clase de música e Ipads con motivo do Día Escolar da Paz así como algunha das actividades levadas a cabo ese día.

Agardamos que vos guste!!!!


21/02/19

Día da Paz



Este ano enchimos a nosa ría cunha morea de peixes cargados de bos desexos!!!!

Ademáis os alumn@s de 6º de EP fixéronnos uns paneis de realidade aumentada con diferentes persoas ás que lles foi adicado este día para que puidésemos aprender un pouco máis. Foi moi divertido!!



Tamén podedes visitar as nosas recomendacións lectoras sobre esta temática. 

02/02/19

Os Dereitos do Neno e a Nena


Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, David del Oro Miguéns, Martín Otero Isorna e Juan Manuel Vázquez Suárez aproveitan para facernos unhas estupendas recomendacións sobre os libros da colección "Os dereitos do Neno e a Nena" que temos na biblioteca. 
Non os perdades porque están XENIAAAAAAL!!!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...