22/06/22

Recomendacións lectoras de verán

Achegámosvos as recomendacións lectoras para que desfrutedes da lectura mentras estades na praia, na piscina ou antes de ir a durmir!!!




15/06/22

Videoclip "Te debo una canción"

Nalgunhas ocasións danse os ingredientes necesarios para que acontezan cousas marabillosas. Isto foi o que ocorreu este curso nas aulas de terceiro de Ed. Primaria do CPI Progreso de Catoira.

Ao son dos temas do grupo Shinova comezaban todos os días as súas labores escolares e pouco a pouco fóronse convertindo nun dos grupos das súas vidas. 

Isto foi tan motivador para eles, que decidiron facer un vídeo dunha das súas  cancións estrela do seu último álbum "La buena suerte", en homenaxe a dito grupo.

O vídeo conta con centos de visitas e pódese visualizar na plataforma de Youtube.

O día 15 de xullo Shinova actuará no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, evento ao que asistirán todos estes cativos acompañados dos seus mestres.


04/05/22

O alumnado recomenda

 



O Día do libro en 2º EP

 Con motivo da celebración do Día do Libro a clase de 2º EP recibiu unha visita moi especial. A dos ratonciños Julia e Sam, os protagonistas das fascinantes historias da Casa dos ratóns, que fixeron unha longa viaxe para coñecernos. Foi máxico, extraordinario e moi emocionante estar con eles!!


Os nenos e nenas tamén pintaron a “árbore dos libros” e cada nena e neno cubriu un libriño indicando o seu libro preferido. Libriños que despois colgaron da árbore como se de folliñas se tratasen. Quedoulles unha árbore chea de libros con contos, aventuras, soños, fantasía…

O Día do libro pasámolo xenial porque… nos encantan os contos!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...