Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións

10/01/19

RECOMENDACIÓN PROFESORADO






Comezamos o 2019 cunha recomendación que nos trae Gael Fernández, mestre de Pedagoxía Terapéutica. 

 
                                                          


" A Esmorga" de   Eduardo Blanco Amor.

   BIBLIOTECA 
120
GALEGA


Na miña opinión "A Esmorga" é unha das grandes obras da literatura galega. Supoño que por iso era unha lectura obrigatoria no bacharelato. Sempre me resultou incómodo facer lecturas obrigatorias de libros e autores que non me interesaban, ata que chegou o momento de ler " A Esmorga". Foi a primeira vez que puiden disfrutar dunha lectura "das que tanto me amolaban". Era unha historia diferente, narrada en galego e dun xeito distinto a todo o que vira antes. Chamoume tanto atención, que sempre lembrarei "A Esmorga" como unha das lecturas máis emocionantes e interesantes da miña etapa como estudante. 


                                                                   
                                                                

11/01/18

RECOMENDACIÓN LECTORA



Ola lectores e lectoras:

Comezamos o 2018 coa recomendación de Sandra Souto, titora de 1º B ESO





"O Hobbit"  J. R. R. Tolkien

Editorial Xerais 
Colección Fóra de Xogo





"O Hobbit" é unha obra recomendada para calquera curso da ESO. Unha historia que pode ser gozada por un neno ( Tolkien escribiuna para divertir aos seus fillos ), pero que un adulto pode ler con pracer.

É unha novela chea de aventuras, na que aparecen seres fantásticos de todo tipo.
Ten a dose perfecta de lirismo, acción, aventuras, misterio e emoción; por iso é un libro perfecto para iniciar aos rapaces no amor pola lectura, neste caso pola novela fantástica.


                                                  "Nunca te rías dun dragón vivo"








13/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA






Esta semana, Begoña, a titora de 3º B, recomenda un libro solidario, adicado aos nosos avós e avoas que tanto queremos.

" A superavoa de Antón " 

 Javier Domínguez Pérez e Alba De Evan Freijedo.

Edit. Meu Rei 

Trátase dunha pequena novela infantil na que se narra a historia da familia de Antón e o seu día a día que non sempre é doado. As dificultades tórnanse máis pequenas cando se enfrontan con unión, cun sorriso e cando se conta con boas persoas que nos axudan coma a avoa Orísida.

Cunha linguaxe sinxela, adaptada aos cativos, abórdanse temas de actualidade coma o paro, a emigración, as dificultades económicas que viven moitas familias, as consecuencias persoais e sentimentais que se derivan destas, valores como a soliedariedade, o agradecemento por ter o necesario para vivir día a día, así como a importancia da unión da familia e dos nosos maiores.

O libro tamén nos ensina que cada un de nós podemos ser heroes coma a superavoa de Antón, figura que representa aos nosos seres queridos que tamén foron loitadores e traballadores incansables, dos que temos moito que aprender.




Por todas as avoas e os avós que loitaron pola nosa liberdade, 
polos nosos dereitos e eo noso benestar.
       Por todos aqueles que hoxe seguen facendo " O que hai que facer" 
para coidar dos seus pequeos reis. 
Grazas




10/05/17

Olimpíada Letras Galegas 2017


Xa estamos no mes de maio, mes das letras. Este ano como ben sabedes, está adicado a Carlos Casares. Aquí vos deixamos as bases para a olimpíada deste ano. 

Anímate a participar!!!!

27/04/17

Concurso Literario Letras Galegas 2017

Aquí vos deixamos as bases para o concurso literario deste ano, que como todos os anos organiza o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua en colaboración coa biblioteca. Animádevos a participar e amosádenos as vosas dotes literarias!!!!!

13/04/16

RECOMENDACIÓN LECTORA







Hoxe Gloria, mestra en prácticas en Ed.Infantil, tamén nos fai unha recomendación...un conto para os máis pequenos...



                                 " Un agasallo diferente" Marta Azcona e Rosa Osuna 
                                       
                                                          Kalandraka editorial 

                                   

Recomendo o libro Un Agasallo Diferente para os nenos e nenas da etapa de infantil. 
É un libro que lemos estando eu de prácticas no centro e que o trouxo unha nena. O conto foi escoitado con atención e ilusión. 
Trata sobre dous amigos que un regaloulle a outro una mantel, un mantel que a través de diferentes historias convertíano coa imaxinación en diferentes cousas.
Durante a trama do conto un terceiro amigo observaba ós dous protagonistas, querendo tamén facer o mesmo ca eles, polo que ó final da historia...

Espero que vos animedes a ler este conto xa que é moi divertido e entretido facendo funcionar a  imaxinación.

                                    Moitas grazas Gloria   :) 



06/04/16

REFRANEIRO DE ABRIL




A auga en abril enche o carro e o carril. 


En abril déixame durmir, que en maio de sono caio.


 Abril, augas mil.





 Abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. 


No mes de abril, fai queixos mil.


 Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón. 


Chova en abril e maio e non chova en todo o ano.


17/02/16

CALENDARIO DE FEBREIRO: OS BEATLES












Leo Lennon / Simon Starr / Nico Harrison / Mario MCartney
 



                                                     Desfile entroido...cos fans...

20/11/15

UN LIBRO PARA ILUMINAR





Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas e descubriredes cal é o fogar das fadas. 
Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras. Poñédeo aberto baixo un foco de luz e despois apagádeo: as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente.




                                                   

15/10/15

RECOMENDACIÓN LECTORA




Gústavos viaxar?

A primeira recomendación lectora deste curso nola trae Fernando, o noso xefe de estudos e mestre de Ed.Física.

Cadernos de viaxe  
 
Editorial A NOSA TERRA
 
Unha colección de guías de viaxe moi prácticas para coñecer Galicia, con boas recomendacións sobre lugares coma Os Ancares, a Ribeira Sacra, A Costa da Morte, etc.
 
                     As ilustracións, textos, fotografías e gráficos corren a cargo de Anxo Fariña.
 
Podedes atopar información sobre el na web  www.migranha.com
 
 
 
 
Quen vive, ve...pero quen viaxa, ve máis...
 

29/09/15

RECOMENDACIÓN LECTORA


Ola lectores e lectoras:


 Esta primeira  recomendación nola manda a Asesoría de Bilbiotecas Escolares.







A actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer acadou con este libro o
 
XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2014 (Infantil)

Trátase dunha peza teatral, publicada por Baía Edicións, e ilustrada por Chus Ferrín.

O lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir, pero dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten a un gato rabudo que vive nese mesmo lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. 
Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente? 

Segundo a propia autora, é unha obra  "tenra,divertida e intrigante, na que os seus personaxes, Nina, a tartaruga; Duarte,o elefante, e Miñao,un gato malhumorado, conviven a pesar das súas diferencias".

                                                                  Unha historia ideal para representar...

                                                                          E ti...que personaxe queres ser?








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...