Comezamos o 2019 cunha recomendación que nos trae Gael Fernández, mestre de Pedagoxía Terapéutica.

" A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor.

" A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor.
BIBLIOTECA
120
GALEGA
Na miña opinión "A Esmorga" é
unha das grandes obras da literatura galega. Supoño que por iso era unha
lectura obrigatoria no bacharelato. Sempre me resultou incómodo facer lecturas
obrigatorias de libros e autores que non me interesaban, ata que chegou o
momento de ler " A Esmorga". Foi a primeira vez que puiden disfrutar
dunha lectura "das que tanto me amolaban". Era unha historia
diferente, narrada en galego e dun xeito distinto a todo o que vira antes.
Chamoume tanto atención, que sempre lembrarei "A Esmorga" como unha
das lecturas máis emocionantes e interesantes da miña etapa como
estudante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario