Amosando publicacións coa etiqueta Literatura xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura xuvenil. Amosar todas as publicacións

10/01/19

RECOMENDACIÓN PROFESORADO






Comezamos o 2019 cunha recomendación que nos trae Gael Fernández, mestre de Pedagoxía Terapéutica. 

 
                                                          


" A Esmorga" de   Eduardo Blanco Amor.

   BIBLIOTECA 
120
GALEGA


Na miña opinión "A Esmorga" é unha das grandes obras da literatura galega. Supoño que por iso era unha lectura obrigatoria no bacharelato. Sempre me resultou incómodo facer lecturas obrigatorias de libros e autores que non me interesaban, ata que chegou o momento de ler " A Esmorga". Foi a primeira vez que puiden disfrutar dunha lectura "das que tanto me amolaban". Era unha historia diferente, narrada en galego e dun xeito distinto a todo o que vira antes. Chamoume tanto atención, que sempre lembrarei "A Esmorga" como unha das lecturas máis emocionantes e interesantes da miña etapa como estudante. 


                                                                   
                                                                

03/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA



Gústanvos os enigmas? E as adiviñas? E os poemas?...




       Marisa, a profe de 5ºA  nos trae  unha recomendación lectora dun libro moi interesante...

                            UNIVERSO PITÁGORAS     Rocío Leira Castro
     
                                                          Biblos Clube de Lectores

Di o refrán que as apariencias enganan e que todo non é o que parece...A simple vista é un libro normal...pero está enmeigado...

                                                     


Esta novela foi enfeitizada hai uns anos por un vello e feo trasno matemático.

Ao final de cada capítulo aparece unha adiviña que ten como resposta un número...deberedes resolvela correctamente para saber en que capítulo seguir a historia...

Obra en galego, de fácil lectura, que nos atrapa desde o principio , xa que nos permite participar na investigación e resolución dos enigmas da novela.

                                                    Xiana, Xiana linda
                                                    princesa dos numeriños,
                                                    de ti namorouse un cadrado,
                                                    un rombo e máis un círculo.
                     
                                                    Por un camiño de números
                                                    o amor vai en romería,
                                                    peiteado de azucenas
                                                    e bordado de adiviñas. 

Recomendable a partir e 9 ou 10 anos.

Tres parrulos metidos nun caixón. 
    Contando patas e picos, cantos son? 


Entra no mundo máxico de "Universo Pitágoras" !!






04/04/17

O ALUMNADO RECOMENDA




Desta volta é a nosa compañeira María Jamardo Campos de 6ºA quen nos recomenda o libro "As aventuras de Ulises".



"Este libro narra as aventuras dun valeroso heroe que tras estar fóra da súa Ítaca natal quere regresar á súa casa pero o destino non llo vai poñer sinxelo. 

Gustoume moito porque, ademais das aventuras de Ulises, tamén conta cousas cotiás da época. Por iso, é moi entretido, interesante e ten moita intriga. Aínda así penso que é un libro para rapaces a partir de terceiro de Primaria xa que podería ser difícil de ler para nenos máis cativos."

Moitas grazas pola túa recomendación, María!


27/03/17

RECOMENDACIÓN LECTORA



Velaí a recomendación lectora de Mina, a profesora de  3º B de Ed. Primaria.

Louisa May Alcott  “ Mujercitas

"Este delicioso e emotivo relato narra a historia da señora March e as súas catro fillas; os seus namoramentos, as súas aspiracións intelectuais, as súas complicacións, a súa vida...

Recomendo esta novela porque é un clásico, que transmite valores. Nela a familia xoga un papel fundamental, e reinvindícase o papel da muller, a importancia da moral, a facilidade coa que todos nos confundimos, a importancia de saber pedir perdón..."




















Animádevos a ler esta versión novela con cómic!


06/02/17

O ALUMNADO RECOMENDA



Hoxe é o noso compañeiro Brais Giménez Otero de 6ºA quen nos propón ler os cómics de Astérix e Obélix.


"Gústanme moito os cómics e recoméndovos especialmente estes de Astérix e Obélix porque contan historias con puntos fantásticos pero baseados en feitos reais. Léndoos podemos aprender historia xa que de feito inclúen mesmo frases moi coñecidas de personaxes importantes como Julio César e o pobo galo ou lugares relevantes como foi a Galia e Hispania. Por iso, algunhas veces estes cómics poden resultar un pouco complicados de entender pero son moi interesantes!"



Moitas gracias Brais por esta gran recomendación!


21/11/16

OS ALUMNOS RECOMENDAN


AS LÁGRIMAS DE SHIVA


 "As lágrimas de Shiva é unha noveliña que conta unha historia sobre un rapaz que ten que deixar a súa casa e ir vivir con súa tía e as súas curmás.

 Alí, axudado por unha pantasma, terá que resolver o misterio dun obxecto perdido moi valioso que pertenceu á familia e que se perdeu durante moito tempo.

 As razóns polas cales eu escollín este libro foron varias: primeiro, porque me chaman a atención as historias con fantasmas e, segundo, porque mo recomendeu unha amiga que xa o lera e lle gustara moito.

 Recomendo esta novela para os que lles guste o misterio pero sen olvidar a dor e o romance. Eu lino dúas veces". 

Selene Conde García é alumna de 3º curso da ESO.

Grazas, Selene pola túa recomendación.

10/10/16

LIGAZÓNS DE INTERESE


Nesta páxina podedes atopar unha serie de libros que vos  poden resultar interesantes:

http://redelectura.blogspot.com.es/

Velaí vai un pequeno exemplo:



Kalandraka vén de publicar en galego (tradución de Xesús Fraga) a novela Un monstro vén a verme de Patrick Ness, que desenvolve unha unha idea orixinal da escritora de literatura xuvenil Siobhan Dowd, xa falecida. En palabras do autor: "este ía ser o seu quinto libro. Tiña os personaxes, o argumento e un comezo. O que non tiña, mágoa, era tempo".

O personaxe principal, Conor, tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara. pero unha noite atopou un monstro na súa ventá que lle vén solicitar o segredo máis oculto  e faino asumir a súa propia realidade.
Pola súa temática, a novela incorpórase ao listado de libros que tratan de superar  a enfermidade, a dor e a morte con valor e abrindo a porta á esperanza.
Aproveitemos a súa lectura en clubs, por exemplo, á par do visionado da versión cinematográfica, recén estreada estes días.


Acaba de saír publicado en Xerais o  Poemas birollos para ler cos ollos de Fran Alonso, quen se encarga tamén das ilustracións. O poeta vén de recibir o Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poétic@.gal.
Este  libro combina poesía e imaxes nun xogo lúdico  que convida aos nenos e nenas a gozar e á vez achegarse a este xénero literario porque "a poesía non morde". Tamén ten unha presenza importante a oralidade,  a través de cancións infantís, arrolos e sortes.
Como xa sucedía en O meu gato é un poeta, a lectura pode continuar na rede xa que inclúe a ligazón a un videoxogo
Neste enlace  tedes unha pequena mostra do libro.
Indicado para primeiros lectores, ben pode formar parte dunha selección de lecturas para o verán. 
Necesaria a poesía para nenos e nenas e tamén necesaria a poesía visual. Fran Alonso é un innovador no campo da literatura transmedia e multisoporte no panorama literario actual.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...