No Samaín fixemos un montón de cousas...!!! Decoramos terroríficamente as aulas, fixemos merendolas, xogamos a un xogo de pistas e participamos no concurso de cabeiras!!!!
Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello.
Comezamos coa decoración da biblioteca, tivemos cinema de medo nos recreos, recomendamos lecturas de medo para todas as idades, puxemos a voar a nosa imaxinación para participar no concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas e como non... o último día viñemos terroríficamente ben caracterizados para amedrentar a todo aquel compañeiro ou profe que se nos arrimase.
Como non hai festa sen comida... pois tamén comimos unha morea de aterradores doces e lambetadas!!! Non queremos esquencernos das familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!
Os alumn@s de sexto estiveron a crear uns contos terroríficamente terroríficos... Cantos estades dispost@s a velos?? Pasaremos medo ou riremos un anaco...?????
Este é o primeiro traballo de Galicia Meiga. Un vídeo que recolle unha pequena historia para explicarvos unhas pouquiñas cousas sobre o Samaín (o "Halloween" celta) decorada coa marabillosa voz de Alberto Feliz.
Quen non tivo medo algunha noite? E é que, ás veces, os pesadelos se esconden nos armarios e dende alí asústannos. Esta historia ensinaranos a espantalas
Asaltaban caruaxes, robaban, todo o mundo lles tiña medo, menos unha pequena. Un clásico para pasar un bo rato. Aquí tedes ademáis o vídeo do conto.
Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo! Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día