Este ano engadimos á importancia que xa ten de por sí mesmo este día, a celebración do 1º Premio acadado no Certame da Xunta para o 8 de marzo.
O pasado venres 5 a mestra de 1º Ana Gómez acompañada da alumna Julia Ferreirós García e do alumno Iker Hernández Lorenzo foron a Santiago á gala de entrega de premios.
O mesmo día 8 tivemos a visita do Xefe Territorial de Educación D. César Pérez Ares acompañado polo Delegado da Xunta en Pontevedra D. Luís López Diéguez e polo Alcalde de Catoira D. Alberto García García. Nesta recepción que tivo lugar na biblioteca do centro, os tres se amosaron moi agarimosos cos cativos e eles, como era de esperar, fachendosos do éxito acadado explicáronlle o significado do seu traballo.
Aquí tedes un resumo do que aconteceu. Son para comelos a bicos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario