21/09/20

Finalistas Concurso FICBUEU20

 Esta fin de semana a alumna de 6º Alicia Dios Fajardo e a profe de música Olalla Otero Payno foron de paseo ao Centro Social do Mar de Bueu á gala de entrega de premios do FICBUEU a recoller un galardón como finalistas destes premios polo seu videoclip "Catoira Style".

Foi unha gala fermosísima n
a que a maiores disfrutaron da visualización do filme de cine mudo “O moderno Sherlock Holmes” coa música en directo de Olga Brañas ao piano.

Agradecer ao FICBUEU por ternos seleccionado e valorar o noso traballo e felicitar aos demáis participantes.
Estamos orgullosísimos co resultado!!!
Mágoa que por esta situación non puidésemos asistir todo o grupo...para a próxima seguro!!!

Deixámosvos o enlace por si alguén se despistou e non o veu!!!







Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...