25/11/22

Novidades manga na biblioteca!

 

Chegan as aventuras de Amanda Black á nosa biblioteca así como algúns clásicos manga. A que esperas para levar o teu...????

 

 

 

19/10/22

Visita á biblioteca municipal de Catoira

 

A comezos de setembro fixemos unhas saídas didácticas á biblioteca municipal de Catoira para aprender un pouco mellor como é o funcionamento dunha biblioteca púbiica e poder aplicalo tamén na biblioteca do cole.

 

22/06/22

Recomendacións lectoras de verán

Achegámosvos as recomendacións lectoras para que desfrutedes da lectura mentras estades na praia, na piscina ou antes de ir a durmir!!!




15/06/22

Videoclip "Te debo una canción"

Nalgunhas ocasións danse os ingredientes necesarios para que acontezan cousas marabillosas. Isto foi o que ocorreu este curso nas aulas de terceiro de Ed. Primaria do CPI Progreso de Catoira.

Ao son dos temas do grupo Shinova comezaban todos os días as súas labores escolares e pouco a pouco fóronse convertindo nun dos grupos das súas vidas. 

Isto foi tan motivador para eles, que decidiron facer un vídeo dunha das súas  cancións estrela do seu último álbum "La buena suerte", en homenaxe a dito grupo.

O vídeo conta con centos de visitas e pódese visualizar na plataforma de Youtube.

O día 15 de xullo Shinova actuará no Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, evento ao que asistirán todos estes cativos acompañados dos seus mestres.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...