24/05/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA

Nesta ocasión é Nicolás Piñeiro Castaño, da aula de 6º B de Educación Infantil o que nos recomenda a lectura do libro “Carabuñas”, de OQO editora.
“Carabuñas era un bruxo que vivía nunha casa moi vella que estaba nun bosque preto dunha aldea. O seu nome debíase a que nunca cortaba as uñas. Todas as noites de luar ía cazar cativos/as á aldea para a súa despensa. Unha noite veu a unha nena na fiestra dunha casa. A nena chamábase Branca, e Carabuñas non dubidou en entrar no seu cuarto, pero cando estaba a piques de collela, escapoulle un peido e a nena espertou. Branca cando o veu chamoulle Caramuxo e comezou a burlarse del dicíndolle que tiña os dentes podres, que tiña uns ollos saltóns, que tiña catro pelos…e que non podía comer cativos porque senón sairíanlle grans por todo o corpo, pero el non lle fixo caso e pegoulle unha lambetada. De seguido saíulle unha bocha na lingua e entón o bruxo asustouse tanto que fuxiu á súa casa, onde buscou un espello para mirarse e ao ver o seu reflexo viu que Branca tiña razón con todo o que lle dixera. A partires dese día Branca e Carabuñas fixéronse amigo s e o bruxo comezou a coidar o seu aspecto deixando que Branca ata lle fixese a manicura.
Este conto gustoume moito porque é moi divertido, e faime rir moito.”




Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...