Amosando publicacións coa etiqueta recomendación lectora b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendación lectora b>. Amosar todas as publicacións
22/06/22
Recomendacións lectoras de verán
Achegámosvos as recomendacións lectoras para que desfrutedes da lectura mentras estades na praia, na piscina ou antes de ir a durmir!!!
21/12/21
Recomendacións lectoras de nadal
Que aínda non escribistes que pedir este nadal? Aquí tedes un montón de ideas!!!!
26/06/21
Recomendacións lectora de verán
Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para ler na praia, na piscina ou ao ir para a cama despois dun día agotador de xogos e diversión.
BO VERÁN A TOD@S!!!!
24/06/20
Recomendacións lectoras de verán
Achegamos as recomendacións lectoras para lecturas de verán na praia ou na piscina!!! Pincha aquí!!!

14/02/20
O alumnado recomenda
Hugo Ferreira Lago (2ºA)
Título do libro: “Abezoo”
Se che gustan os libros de animais, este libro vaiche
encantar! Nel cóntanse as historias de diferentes animais, seguindo unha orde
alfabética (araña, balea, elefante, iguana, koala...).
Gustáronme moito os debuxos que aparecen ao lado de cada
animal, son moi bonitos e coloridos.
12/02/20
O alumnado recomenda
César Augusto Calvo Costa (2º A)
Título do libro: “Perrock Holmes. Se ha escrito un
secuestro”
“Perrock Holmes” é unha colección de libros divertidísima.
Perrock Holmes é un can detective que resolve casos coa axuda dos seus amigos
Julia, Diego e o doctor Gatson. Na historia que conta este libro deberán
resolver o secuestro dunha señora.
10/02/20
O alumnado recomenda
Antía Conde Sánchez (2º A)
Título do libro: “A casa da mosca chosca”
É un libro moi bonito no que aparecen moitos animais. Conta
a historia da Mosca Chosca, que celebra unha festa con todos os seus amigos
para celebrar que ten unha casa nova. Non faltará unha gran torta para repartir entre todos!
07/02/20
O alumnado recomenda
Claudia
Lorenzo Lorenzo (5ºB)
Título
do libro: “La pandilla Clik y el castillo encantado”
“A
pandilla Clik” é unha colección de libros nos que se contan as apaixonantes
aventuras da cuadrilla do profesor Clik. Nesta ocasión, viaxan a Escocia, onde
descubrirán moitos misterios no castelo McCarrot. Serán quen de saír ilesos de
alí? Se o queres descubrir anímate a lelo!
O alumnado recomenda
Iris Rodríguez Castro (5ºB)
Título do libro: “Diario de Greg. Arrasa con todo”
Greg é o protagonista deste libro e nel vai narrando o que
lle pasa no seu día a día. Nesta ocasión, Greg monta un mercado para vender
algunhas das súas cousas. Pero para que a xente se anime a compralas,
atribúelle diferentes cualidades a cada unha delas. Así, por exemplo, ten un
paraugas antivampiros, xabón para quitar as pencas ou un champú para a invisibilidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)