Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións

21/10/17

RECOMENDACION LECTORA





                                                    "LA TRAVESÍA DEL FÉNIX"  
                                                                                                                                              David Neira 

                                                                   Editorial Círculo Rojo 


      


Este curso arrancan as lecturas do persoal do cole cunha novela que nos recomenda Mª José, titora de 4º A.

 Un home decide acabar coa súa vida no túnel que pasa baixo a cidade...Qué ocorre cos  personaxes  que deixa tras del? 

Unha novela que trata temas como a amistade, a familia, o amor...A fina liña que hai entre a casualidade e o feito de que todos estamos conectados dalgunha maneira cos demais, como a engranaxe dun reloxo...

E sobre o seu fillo, cansado de que o día a día non teña sentido. Apesarado pola morte do seu pai, subido á cinta que o transporta cada xornada de ida e volta...iniciará unha viaxe en tren na que topará diferentes personaxes e aventuras...

Moi amena e interesante, unha invitación a reflexionar sobre temas transcendentais da vida...

                                                      
                                                     Porque nada, nada é o que parece...


                                                       
                                                        

                                                   A que esperades para subirvos a este tren? 




            " Sen lectores non habería libros...sen soñadores, non existirían os soños..." David Neira. 

                                                                 



30/05/13

VI XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

Un ano máis participaremos na Xornada dos Clubs de Lectura nesta cita anual para coordinador@s dos 222 clubs de lectura funcionando nos centros de ensino públicos de Galicia.

Teremos ocasión de escoitar a Gemma Lluch, especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, a o noso querido Marcos Calveiro, autor moi leído e moi querido, ademais coñeceremos a interesante experiencia de Redelibros e as interesantes actividades en distintos ámbitos que estamos facendo nos clubs de lectura.

Se aínda nos sabes o que facemos no noso club de lectura, entra aquí e verás!

09/07/12

LIBROS PREFERIDOS NO CLUB DE LECTURA

Despedimos este curso desde o Club de Lectura de 3º de ESO facendo algo de memoria e escollendo as lecturas que máis nos gustaron.
Con sol ou con nubes...
 BOAS LECTURAS ESTE VERÁN
LÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!

18/06/12

CRÓNICA DAS V XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 9 compartimos unha fantástica Xornada os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia. 
Nesta ocasión foi moi especial porque por primeira vez participou o alumnado que compón os Clubs e os adultos (nais e pais) que forman os seus Clubs de Lectura nos centros. 
E as expectativas non nos defraudaron: conferencias para todos pero tamén obradoiros para o alumnado, intercambio de libros, as persoas-libro regalando poemas, sesións de intercambio de experiencias... e unha magnífica clausura a cargo de Carlos Negro.
Ademais da nosa pequena crónica podedes ver aquí máis fotos e un artigo de Carlos Negro onde relata a súa visión destas Xornadas: "O país dos papalibros: sobre os V Encontros dos Clubs de Lectura"
E rematamos con este video que serviu de presentación nas Xornadas, onde diversos compoñentes dos Clubs de Lectura contan que é o que significa para el@s estar nun Club de Lectura.
Grazas a participantes e organización! 
O ano que vén, máis :)

03/06/12

V XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA



Como en anos anteriores, os Clubs de Lectura dos centros de ensino de Galicia temos a oportunidade de vernos as caras nunha Xornada organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

Nesta ocasión a organización agasallounos cunha gran novidade: a posibilidade de participación do alumnado integrante do Club de Lectura e tamén dos adultos que participaran nalgún dos clubs en funcionamento.

E non desaproveitamos esta oportunidade! Ademais da coordinadora asistirán cinco alumnas do noso centro e o Sábado 9 en Santiago de Compostela poderán compartir experiencias con alumnado de toda Galicia e partcipar nas sesións especificas para el@s ademais dos obradoiros e as actividades comúns.

Unha actividade fantástica á  que seguro que lle tiramos moito proveito!


Preme na imaxe e terás a información completa 

10/11/11

CLUB DE LECTURA EN MARCHA!



Un ano máis o noso Club de Lectura púxose en marcha! 
E con tantas e tan boas lectoras fixemos dous grupos de lectura! Xa nos presentamos e decidimos as primeiras lecturas... 
Vémonos os luns despois de comer!

22/06/11

EXCURSION DO CLUB DE LECTURA


Para despedir o curso, o Club de Lectura fixo unha excursión a Santiago de Compostela... mágoa que non poideran estar todas as compoñentes!

Boas vacacións e boas lecturas!

12/06/11

IV XORNADA CLUBS LECTURA


Como en anos anteriores, estivemos na xornada anual de encontro e formación d@s coordinador@s de clubs de lectura.

  Foi moi interesante escoitar a Ana Díaz-Plaja e Fernando Marías pero sobre todo, escoitar as fantásticas experiencias que se están desenvolvendo polo país adiante.

 Aquí podedes ver os materiais da xornada.

27/10/10

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA!!!

E para comezar, lecturas terroríficas!

Escollemos varios libros de medo e terror para ir comentándoos: "Os crimes da Rúa Morgue" de Edgar A. Poe, "Relatos de terror" de H.P. Lovecraft e "Coraline" de Neil Gaiman.

Na foto non aparecen todas as integrantes do club...se queredes saber mais cousas, temos a nosa sección neste blog.
E se che parece interesante...


APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...