23/02/21

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE ALUMNADO AXUDANTE. CURSO 2020/21

 Dende o Plan de Convivencia de centro do CPI Progreso de Catoira, promovemos o Programa de Alumnado Axudante como un sistema de axuda entre iguais que, inicialmente, no presente curso escolar se pon en práctica na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Concretamente, nos niveis educativos de 1º, 2º e 3º da ESO, e co propósito de ilo implementando progresivamente noutras etapas e niveis educativos. Trátase dun programa que pon en valor a cultura da paz, o diálogo e a mediación como maneiras de resolver os conflictos na escola.



19/02/21

03/02/21

Mandadiños de Entroido

 Aquí vos deixaos os mandadiños para a vindeira semana. Lémbrate que este ano van acumulando co dos días anteriores!!!!!




01/02/21

Día da paz

 O 31 de xaneiro todos os anos celebramos o Día da Paz. Este ano facémolo con música e decoración nas ventás do centro.

Agardamos que vos guste!!




21/12/20

Felicitación de nadal

 O C.P.I. Progreso de Catoira en nome de todo o seu alumando, profesorado e persoal non docente quere desexarlles a todas as familias que forman parte desta comunidade educativa unhas felices festas e un feliz aninovo.

Non se nos ocurre outro  mellor xeito de facelo que con música!!!!

Para iso, o alumnado de 4º de E.P. preparou esta divertida panxoliña... agardamos que lles guste!!!

FELICES FESTAS!!!


Sairemos o xoves 24 a partir das 22:30 horas no Canal Rías Baixas!!!!

Mira a promo para enterarte de todo...

https://www.youtube.com/watch?v=7JO9g0Ia_Ww&feature=youtu.be




19/12/20

Recomendacións lectoras de nadal

 Aquí vos deixamos algunha recomendación para ler nestes días de vacacións...!!!


Aventuras 5º infantil

 Tras unha longa viaxe dando a volta ao mundo con Willy Fog, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil queren amosarvos o seu album de fotos.

Sen dúbida é un bonito recordo das aventuras vividas este trimestre.

03/11/20

Gañadores concurso cabazas

Por fin temos gañadores do concurso de cabazas organizado pola Anpa AS Lombas Catoira.

Noraboa aos gañadores e a tod@s @s participantes!!!

Infantil: Leo Galván Cortés
Comedor: Pablo Castro Campaña
Principal: Aldara Aragunde Santos
ESO: Daniel Davila Díaz


19/10/20

Manualidades de outono alumnado 2º EP

 Animámosvos a visitar o blog do alumnado de 2º de EP https://blogrocksegundo.blogspot.com/ no que teñen cousas moi entretidas sobre actividades relacionadas coas súas aulas. 

Pase ver as manualidades tan chulas que fixeron de outono!!!! Son uns artistas!!



21/09/20

Finalistas Concurso FICBUEU20

 Esta fin de semana a alumna de 6º Alicia Dios Fajardo e a profe de música Olalla Otero Payno foron de paseo ao Centro Social do Mar de Bueu á gala de entrega de premios do FICBUEU a recoller un galardón como finalistas destes premios polo seu videoclip "Catoira Style".

Foi unha gala fermosísima n
a que a maiores disfrutaron da visualización do filme de cine mudo “O moderno Sherlock Holmes” coa música en directo de Olga Brañas ao piano.

Agradecer ao FICBUEU por ternos seleccionado e valorar o noso traballo e felicitar aos demáis participantes.
Estamos orgullosísimos co resultado!!!
Mágoa que por esta situación non puidésemos asistir todo o grupo...para a próxima seguro!!!

Deixámosvos o enlace por si alguén se despistou e non o veu!!!







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...