24/05/17

RECOMENDACIÓN LECTORA


Esta semana é Adrián Riveiro Estévez de 4ºB quen nos propón a lectura da Guía dos anfibios e réptiles de Galicia.


"Recomendo este libro porque me serviu para aprender máis sobre estes animais. Nel explícase como nacen, onde viven e que comen moitos dos réptiles e anfibios da nosa terra como as rás, as serpes ou as salamandras. Por iso, esta guía é moi útil agora que comeza o bo tempo e podemos ir pasear pola natureza. Ademais, é sinxelo de ler e creo que aos rapaces de segundo, terceiro e cuarto lles vai resultar moi interesante, sobre todo, se lles gustan os animais e o campo tanto coma a min."


Moitísimas grazas Adrián!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...