24/05/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA

Nesta ocasión Martín Millán Soto, da clase de 6º B de Educación Infantil, aconséllanos a lectura do conto: “La montaña de libros más alta del mundo”, da editorial Algar. “O protagonista da historia, Lucas, quería voar fose como fose e para conseguilo ata lle pediu unhas ás a Papá Noel. Pero nin así logrou dar voado. Un día súa nai regaloulle un libro e díxolle que había outras formas de voar. Lucas non entendía a que se refería pero leu o conto, e cando o rematou como lle gustou tanto comezou a ler outro, e así continuamente. Co paso do tempo, os libros que lera eran tantos que xuntos formaban unha montaña que cada vez se ía facendo máis alta, chegando a ser famosa en todo o mundo. Lucas non podía parar de ler, e entón un día comprendeu o que lle dixera súa nai, a través da lectura dos contos e grazas á súa imaxinación voaba a onde el quería. Este conto gustoume moito, porque a montaña dos libros que Lucas lía cada vez era máis e máis grande, e como a el a min tamén me gustan moito os contos”.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...