18/05/15

REFRÁNS DO MES DE MAIO


Ben veñas maio, o mellor mes de todo o ano.

Ata o corenta de maio non quite-lo saio.

A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.

A ovella e a abella en maio deixan a pelexa.

A ovella do probe, en maio morre.

A sardiña no maio que a parta un raio.

Auga en maio detrás do arado.

Auga en maio, pan para todo o ano.

Auga entre maio e xuño vale máis cós bois e o xugo.

Cando en maio hai lama, aínda algo se gaña.

Coma sempre, detrás do maio vén San Xoán.

Deus nos aparte do polvo de maio e da lama de agosto.

Días de maio, días de desventura: inda non amañece é xa é noite escura.

Día de Santa Cruz de maio, o corvo e o lobo nado, e o raposo medio criado.

En maio aínda a vella queima o tallo.

En maio aínda bebe o boi no prado.

Maio chuvioso, vran caloroso.

Chuvia na semana da Ascensión , cría nos trigos mourón.

Se chove o día da Ascensión, corenta días de chuvia son.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...