Comezamos a semana cunha recomendación moi doce que nos trae a profe Ángeles, titora de 4º.
"Charlie y la fábrica de chocolate"
de
Roald Dahl
Editorial Alfaguara
O señor Wonka, o dono da magnífica fábrica de chocolate, agochou cinco billetes de ouro nas súas lambetadas.Quenes as atopen serán os elexidos para visitar a factoría.
Charlie ten a sorte de atopar un deses billetes, e a partir dese momento, a súa vida cambiará totalmente.
Con Charlie desfrutarás viaxando ao país das golosinas, descubrirás a importancia da familia e vivirás sorprendentes aventuras, mentras vas coñecendo diferentes facetas do ser humano.
A lectura deste libro transpórtanos unha etapa feliz da vida, na que a pesar das penurias económicas que vive o protagonista, estas non interfiren na súa felicidade.
Unha doce lectura, amena, sinxela e exquisita...
Ningún comentario:
Publicar un comentario