25/05/15

RECOMENDACIÓN LECTORA






Para rematar este mes de maio temos hoxe unha recomendación dun clásico da literatura española, que nos trae Lara Lorenzo de 3º ESO.


  " Historia de la vida del Buscón "
de 
       Francisco de Quevedo

      Editorial Santillana Especial Clásicos


Unha novela picaresca que relata a vida  de Don Pablos de Segovia, desde a súa infancia ata a súa fuga a Indias...unha serie de aventuras, case sempre catastróficas,nas que o personaxe fracasa a miudo na súa busca de estabilidade económica e social, facéndose pasar por nobre e sendo desenmascarado sempre...
Obra escrita en tono humorístico...que presenta unha caricaturesca descripción da sociedade daquela época.
Escrita entre 1603 e 1608 e publicada por primeira vez en 1926...



                                                         


                                                      Quevedo...un inxenioso escritor...
 
Eu recomendo este libro porque me gusta moito aínda que tamén ten algunhas dificultades para poder lelo, xa que utiliza poucos diálogos e a maioría dá historia está contada nun estilo de narración en castelán antigo. 

A historia fai que non poidas parar de ler, de feito ó  principio é moi divertido pero cara o final resulta pesado no sentido de que algunhas situacións fanse repetitivas; aínda  así resultan graciosas. Ademáis sen contar o argumento podemos falar de que esta novela é un clásico da literatura e dun autor moi importante, por iso volo recomendo, non so en canto á historia, senon tamén en canto á cultura deste libro.










             "O que que quere nesta vida tódalas cousas ao seu gusto...terá moitos disgustos"  

                                                              Francisco de Quevedo



































Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...