20/02/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA



Antía Ferreira Tarrío, da clase de 6º A de Educación Infantil, fainos a recomendación do conto “A que sabe a Lúa”.



“Este conto gustoume moito porque algúns animais tiñan moitas ganas de saber a que sabía a Lúa pero por moito que intentaban estarricarse para chegar a coller un anaco dela non eran capaces, pois a Lúa cada vez que eles se acercaban un pouco, ela alonxábase un pouco máis. Pero un día a tartaruga tivo unha idea brillante, se entre todos se axudaban a subir uns encima dos outros podería chegar ata ela. E así foi, grazas a cooperación que mostraron entre eles, o rato puido quitarlle un cachiño á Lúa e todos puideron probar a que sabía”.  


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...