20/02/17

O ALUMNADFO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Esta semana é Mariña Frieiro Carril, da aula de 6º A de Educación Infantil, a que nos recomenda a lectura do conto “Os Bolechas xogan co ordenador”  de Pepe Carreiro.


“Gústanme moito as historias dos Bolechas. Neste conto Braulio chega á casa cun xogo para o ordenador que lle deixou un amigo do seu cole, e pídelle á súa nai que lle deixe xogar con el. Pero logo aparece Pili, e o resto dos Bolechas e comezan a xogar con el, e isto enfada moito a Braulio porque o xogo deixaranllo a el. Pero nun momento dado na casa marcha a luz e así non poden rematar a carreira, isto pon contento a Braulio. Cando aparece de novo a luz Braulio continua xogando e consegue gañar a carreira polo que todos se poñen moi contentos”. 


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...