24/01/17

RECOMENDACIÓN LECTORA


Olalla, a nosa profesora de Música de Ed.Primaria, recoméndanos a lectura do libro "O cabaliño de buxo".



"Ruliño é un neno galego. Un neno de aldeia. Seus pais traballan unhas cativas guicholas, que teñen bacelos nas cabeceiras. Collen millo pra boa parte do ano, matan un porco no inverno e teñen unha vaca de seu. Pouca cousa, anque hai veciños máis probes.
Ruliño é aínda pequecho. Pero xa vai entendendo algunhas cousas. Pequecho é tamén o seu mundo. Un mundo que ten o grandor da aldeia, onde así e todo hai moito que ollar e adeprender."


Esta pequena novela escrita por Xosé Neira Vilas, está integrada por once pequenos relatos protagonizados por un neno chamado Ruliño. Forma parte, xunto con outros como Cartas a Lelo, O espantallo amigo ou A marela taravela da súa colección de libros para nenos/as.


Rematouse de imprimir o 17 de maio de 1971 (Día das Letras Galegas). A portada foi diseñada por Isaac Díaz Pardo e as ilustracións por Xosé Conde Corbal.

Este libro cheo de  tenrura, reflexa o mundo e as inquedanzas dun neno de aldea moi diferentes ás que pode ter un neno ou nena de hoxe en día. 

Desexo que vos guste...



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...