24/01/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA



Esta sema é Iria García Fandiño, da clase de 6º A de Educación Infantil, a que nos aconsella a lectura do conto "Chocolata" de OQO editora.


“Este conto lémolo na clase e gustoume moito. Chocolata era un hipopótamo que vivía nunha lagoa co seu amigo Teófilo, un mono moi divertido e outros hipopótamos.

Un día Teófilo díxolle a Chocolata que escoitara na radio que na cidade había unha casa de baños. A Chocolata pareceulle unha moi boa idea ir á cidade a probar ditos baños, e alí se dirixiu. Cando chegou a ela, decatouse que precisaba mercar roupa e calzado porque na cidade todos andaban moi elegantes. Tamén foi comer a un restaurante, probou os baños e durmiu nun hotel. Antes de regresar á lagoa mercoulle un agasallo para o seu amigo Teófilo, un conto. Cando Chocolata volveu a lagoa os seus amigos puxéronse moi contentos, e ela contoulles as aventuras vividas na cidade, pero aínda que alí o pasara moi ben, non cambiaba por nada do mundo a súa vida na lagoa.”  


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...