07/11/16

RECOMENDACIÓN LECTORA



María José Villanustre, unha antiga compañeira deste colexio, veunos facer unha visita e a recomendar a lectura deste libro:



A verdadeira historia da mosca da tele”
de María Solar 

"En primeiro lugar quero agradecer ao Equipo de Biblioteca do CPI Progreso, por invitarme a facer a recomendación lectora desta semana; ao que eu, por suposto, acepto encantada: sempre é un placer vir a este cole.

A autora que eu elexín para recomendar é María Solar por dúas razóns: primeiro, porque me encantan as historias que ela conta, e segundo, porque é una amiga e foi compañeira de estudos; ela é profe, ademais de periodista e escritora.

“ A verdadeira historia da mosca da tele” é un libro recomendado para nenos e nenas de 8 a 12 anos; A protagonista é unha mosca que aparece nun plató da Televisión de Galicia, xusto cando un señor se pon o seu sombreiro, e queda atrapada entre a calva e o sombreiro. A partir de ahí a mosca vai vivir unha serie de aventuras moi divertidas e…onde rematará a súa viaxe?

Non digo mais, a ler o libro nenos e nenas de Catoira!!!


Grazas pola visita e agardamos volver a verte...

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...