07/11/16

NOVIDADE EDITORIAL

Máis contos en cantos

Almudena Janeiro & Borja Gerrero


Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea,transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países... sen saírmos da casa!

A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos taménas orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicaisdiversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.

Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano con A voda de Galo Pinto.


Se achegaran a música tradicional portuguesa da man a avoíña protagonista de Corre, corre cabaciña e, con A figueira de Pelostortos, atoparán a música de terror. Viaxaran con Chocolata  á cidade para visitar os baños, mais farano cantando. Faranse amigos de Tartaruga, unha das protagonistas de A mellor sopa do mundo, e coñecerán os animais do bosque que se acubillan. na súa casa. A canción acumulativa de A princesa do Caurel permitiralles memorizar facilmente a letra e, se cadra, inventar unha danza para completala.


Páxina a páxina, a voz de Almudena Janeiro levará os lectores a unha nova canción acompañada polas imaxes dos contos orixinais.

O paxariño da cuberta, creado por Borja Guerrero, convida os lectores a mergullarse neste libro-CD cheo de melodías e imaxes para gozar, ao tempo, dos sons e da lectura.

Contos a pedir de orella!





http://www.oqo.es/editora/gl/content/m%C3%A1is-contos-en-cantos


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...