13/04/15

RECOMENDACIÓN LECTORA





Esta semana tócalle aos alumnos de 1º A recomendar un dos seus libros favoritos:


"Corre corre cabaciña" 

de

Eva Mejuto & André Letia

OKO Editorial

Un famoso conto popular portugués, que ten como protagonista a unha velliña, que, de camiño ao casamento da súa neta, atopa a un lobo, un oso e un león, que a queren papar. Ela convence aos animais a que esperen á volta do convite. Despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para enganar ás tres feras.




Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!,
respondía á cabaza que ía rodando polo camiño,
ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. 
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras? 


Un conto moi divertido!! 



https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc

Preme na imaxe da avoa para escoitar a canción do conto.


Quen non tivo avós
non tivo días bos!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...