27/03/15

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO




   O mundo da cultura rende homenaxe ás artes escénicas coa celebración do "Día Mundial do Teatro", creado por iniciativa do ITI ( Instituto Internacional do Teatro), que é unha Organización Non Gubernamental, asociada á UNESCO.

   Foi un 27 de marzo de 1961,coincidindo coa apertura da temporada teatral e inauguración do "Teatro das Nacións de París".

  O máis destacado deste día é a lectura dun comunicado, en todos teatros do mundo, dunha mensaxe escrita por un persoeiro de recoñecido prestixio no mundo do teatro que, neste ano, corre a cargo do director polaco Krysztof Warlikowski e que titula: "Saír do teatro".

  Pero tamén se organizan numerosas manifestacións teatrais que intentan dar algo de vitalidade a este xénero literario e cas que se nos convidan a participar para coñecer mellor este mundo do TEATRO.

Neste enlace atoparedes moita información do tema:

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/780-27-de-marzo-dia-mundial-del-teatro

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...