05/03/15

REFRÁNS DO MES DE MARZO




Marzo airoso, abril chuvioso,
maio pardo e san Xoán claro
valen máis que os bois e o carro

Marzo marzal, virado e traidor;
que matas a ovella e mailo pastor.

Marzo venteiro e abril chuvasqueiro,
enchen en maio de frores o eido.

Marzo iguarzo;
o día coa noite i o pan co chaguazo.

Marzo, marcea, non queda cabra
nin ovella, nin pastor coa sua pelea,
nin o lobo coas súas chancas,
nin o can coas súas carlancas

Marzo marzal,
o que non empezou ben,
remata mal

Marzo, marzán,
pola mañá cariña de rosa
e pola tarde cara de can.

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.

Marzo marceiro, pon a troita no caneiro.

O que poda en marzo, vendima no regazo

O sol de marzo queima a dama no pazo.

Sácame a marzo, xa verás como pazo.
Fala o cocho

San Benito Cabaceiro é o san Benito verdadeiro.
S Benito Cabaceiro=24 de marzo

Se o cuco non canta entre marzo i abril,
ou morreu o cuco ou fin do mundo vai vir.

Si en marzo canta a ra,
en maio xa calará.

Si marzo non marcea, abril cantalea.

Si marzo requicha o rabo,
 non queda ovella vella nin pastor azamarrado

Pascoa en marzo,
 moita fame e moita mortaxe.

En marzo, nazco;
en abril, estou no cubil;
en maio, xa saio;   
 en san Xoán, xa fuxo do can;
por santa Mariña, xa como a galiña;
por agosto, xa son bo raposo

Dialoguismos

A vella dícelle ó marzo:

Vaite marzo, marzaco, cabeza de borraco,
de sete becerros que tiña déixame catro.

Cálate, cala, vellarota,
cos dentes na cota,
con catro que eu teño,
con catro que me ha dar meu irmau abril,
heiche de meter todo no chaboril.


Ai, a nosa sabedoría popular!... moito teñen que ver co tempo, cos animais e coa agricultura.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...