08/03/15

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



   Coincidindo co Ano Internacional da Muller, as Nacións Unidas celebraron por primeira vez , o 8 de marzo de 1975, o Día Internacional da Muller.

   Pero foi en 1977, tamén un 8 de marzo, cando a Asemblea Xeral  adoptou unha resolución proclamando un Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional, que os Estados Membros poderían celebrar calquera día do ano.

   Pero, para comprender o sentido desta celebración, teriamos que remontarnos a moitos anos atrás cando as condicións laborais das mulleres traballadoras eras manifestamente desiguais ás dos homes, o que levou a promover actos reivindicativos encamiñados a demandar a iguladade de dereitos e o Sufraxio Universal, que naqueles tempos era privativo dos homes.

   Estanse levando a cabo  moitos actos que teñen que ver con esta celebración, pero se queredes saber algo máis da súa historia , podedes premer neste enlace:

http://www.un.org/es/events/womensday/history.shtml

  Tamén podedes atopar neste blog, en entradas de anos anteriores, diferentes actividades relacionadas con este tema. 

  No corredor do edificio onde está a biblioteca, veredes uns expositores cunha selección de libros que teñen moito que ver coa celebración do día de hoxe.



FELIZ DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS, 

QUE O SOMOS TODAS....!!!!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...