Esta semana a recomendación lectora ven a cargo da titora de 3ºB, María José Rodríguez.
" O club da calceta"
de
María Reimóndez
Editorial Xerais (Narrativa)
Esta é unha novela que ten como protagonistas a seis mulleres totalmente diferentes entre si, que se apuntan a clases de calceta. Alí fanse amigas e forman unha "piña". Todas elas teñen problemas e frustracións, e xuntas toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala.
Novela sorprendente, que fai reflexionar sobre a condición feminina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario