28/11/14

CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO"



              




      Este ano celébrase o Centenario da publicación da obra de Juan Ramón Jiménez, "Platero y yo".

      Por ese motivo vos recomendamos a súa lectura, coma tamén o están a facer os alumnos e alumnas de 6º curso de Ed. Primaria.

      Estamos preparando unha exposición na que se poderán ver os traballos realizados polo alumnado en torno á figura do protagonista deste libro; tamén, unha recopilación de imaxes filatéticas que teñen coma temática a figura de Juan Ramón Jiménez, a súa dona, Zenobia e, coma non podía ser menos, Platero e Moguer.Así mesmo, haberá a posibilidade de ver unha copia da carta na que se lle comunica a Juan Ramón, por parte da Academia Sueca, a concesión do premio Nobel de Literatura no ano 1956, así coma recortes de prensa da época e moitas máis cousas...

     Nun gran mural faise, a maneira de roteiro, un paseo por Moguer, lembrando fragmento do libro nos que se fai alusión a lugares coñecidos e a persoeiros coetáneos a Juan Ramón. Poñendo un pouco de imaxinación pola nosa parte, poderemos viaxar no tempo e comprender  a forma de vida que se desenvolvía neste pobo hai cen anos.

      Se queredes saber máis sobre Juan Ramón e o seu libro "Platero y yo", convidámosvos a visitar estas páxinas, que de seguro vos resultarán de gran utilidade para comprender mellor a súa obra.

http://fundacion-jrj.es/
http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/centenario-platero/platero-y-yo
https://www.youtube.com/watch?v=yW2kpLLQDeg

      Agardamos que vos guste.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...