25/11/14

100 PUERTAS

Adicción
Parece que as triloxías están  de moda. Co libro de "100 puertas" de N.D Wilson, chega unha nova saga de aventuras fantásticas, esta vez non se trata de homes lobos, vampiros, cabaleiros medievais... Con esta saga inténtase dar outra volta de rosca ás historias das viaxes a outras dimensións

Foto-Autor
Henry York, un rapaz de doce anos, estase a durmir unha noite calquera, cando escoita un golpe forte  que sae da parede. Encóntrase nunha casa estraña -Henry vive agora cos seus tíos e os seus tres primos-, así que trata de ignoralo. Pero á noite seguinte esperta con anacos de escaiola no pelo. Á parede saíronlle de súpeto dous pomos, e un deles empeza a xirar lentamente... Henry comeza a arrancar anacos de escaiola da parede e descobre noventa e nove portas, cada unha de forma e tamaño diferentes. Pronto descubrirá que son  portais cara outros mundos

Como curiosidade dicir, que xa están vendidos os dereitos para pasar o libro a película, así que en breve poderemos ver a versión do libro nos cines. 


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...