21/02/13

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación dunha das obras máis sinaladas da nosa literatura "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro
O 24 de febreiro é o Día de Rosalía, así que traemos aquí estes materiais feitos nas bibliotecas escolares galegas para celebrar este acontecemento.

Se premedes na imaxe, veredes unha fantástica presentación con textos e músicas elaborada polo CEIP de Andrade-Pontedeume, non a perdades!.

Para os maiores, tamén tedes esta presentación, elaborada conxuntamente polos IES Ribeira de Louro e IES de Poio. 
Se queredes aproveitar para traballar Rosalía e a natureza tedes este traballo realizado polo CEIP Alexandre Bóveda
E se queredes ver como todo un colexio recita Rosalía, non perdades o video que realizaron no CEIP Dr. Suárez de Fornelos de Montes, dá xenio velos! 

1 comentario:

Dept.Biblioteca dixo...

150 anos máis con Rosalía para tod@s.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...