21/02/13

O ALUMNADO RECOMENDA LER...


Contos e poemas para un mes calquera
 Antonio G. Teijeiro/Jordi Sierra

Recomendado por Hugo Losada Aragunde de 3º B

"Este libro tráenos un pequeño conto e un poema para cada día do mes. Son entretidos e con moita fantasía. Aparecen mares, estrelas, paxaros namorados, pingas de choiva e moitos personaxes cos que viaxar a través dos sentimentos e das palabras.
O conto do día 8  “ O gran salto “ é a historia dunha pequena pinga de choiva que tiña medo saltar da nube de auga. Se queredes saber o final, Turo estará encantado de prestárvolo!!!!"

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...