Esta semana é Ana Cernadas, profesora de inglés na ESO quen nos trae a recomendación lectora:
LUCES DE SETEMBRO de Carlos Ruiz Zafón
"Este libro é a terceira entrega de "La trilogía de La Niebla", tres lecturas amenas e entretenidas para xoves (e non tan xoves) cheas de aventura, misterio e emoción, e que se len de forma independiente.
Escollín LUCES DE SETEMBRO porque foi a que máis me gustou persoalmente e a recomendo en especial aos que din que ler é aburrido; animádevos con este libro, acompañade aos protagonistas adolescentes a descifrar un enigma do pasado nun mundo de sombras pero tamén de tenrura, e preparádevos para pasar medo de verdade."
Unha boísima recomendación, a qué agardas para lelo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario