26/05/12

"EL ABRIGO DE PUPA" XA ESTÁ NO SAHARA



Acabamos de recibir unha carta da Asociación dos Escritores polo Sáhara-Bubisher que podedes ler aquí para agradecernos a nosa colaboración: hai uns meses moitas bibliotecas escolares galegas participamos nunha aportación colectiva de libros para as bibliotecas do Bubisher que percorren os campamentos de refuxiados do Sahara. O agradecemento é noso por facer realidade este bibliobús solidario cos pequenos nunhas condicións tan duras e animámosvos a que coñezades as actividades do Bubisher e colaboredes.

O álbum que agora poden ler os pequenos saharahuis e tamén podedes ler na nosa biblioteca é "El abrigo de Pupa", un precioso libro de Elena Ferrándiz que ten como protagonista a Pupa, unha nena que esconde os seus medos baixo un abrigo e sae á rúa envolta neles... Unhas ilustracións preciosas e un texto que move á reflexión, é unha lectura moi recomendable para pequen@s e maior@s. O libro utiliza como colofón este pensamento de Lao-Tse:

"Aquilo que a oruga chama a fin do mundo, o resto chámao bolboreta"  
GRAZAS, BUBISHER

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...