Está a piques de ser presentada a candidatura para que a lingua e cultura galegas estean presentes na rede a través do dominio .gal. Isto será posible pola existencia da Asociación Puntogal que leva anos traballando para reunir os requisitos e apoios necesarios para presentar a candidatura diante do ICANN, o organismo internacional que autoriza os dominios en Internet. Máis de 12.000 persoas e 100 asociacións participan da iniciativa que conta co respardo de todos os grupos representados no Parlamento de Galicia e da Xunta de Galicia.
Os beneficios serían moitos xa que contar cun dominio propio fará que buscar e atopar información en galego resulte máis doado, especialmente nos grandes buscadores, servirá de vencello entre todas as comunidades de galeg@s que están emigrados e favorecerá o seu uso no eido comercial e dixital. Situar o galego entre as linguas de máximo nivel repercutirá no seu prestixio internacional e na nosa visibilidade como comunidade.
Se ti tamén queres apoiar a iniciativa podes facelo asinando aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario