Compartimos hoxe con vós, esta experiencia de participación das familias coa Biblioteca no CEIP Condesa de Fenosa. Dentro das actividades que facen dende a biblioteca está a Busca do Tesouro, un xogo no que os nenos teñen que buscar tesouros que sacan dunhas preguntas que se fan nun contacontos. Este ano contaron coa colaboración dun grupo de teatro local (Gargallada) e dun grupo de nais coas que realizaron un obradoiro de contacontos. Estas nais
fixeron unha fermosa adaptación do conto da "Toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza" de Werner Hotzwarth.
Una fermosa actividade, as familias teñen moito que contar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario