Esta semana tan especial na que celebramos o Día do Libro é o noso conserxe, Enrique, quen nos fai a recomendación lectora.
Neste caso achéganos dúas recomendacións:
"Recomendo o libro titulado "Deporte. Xogadores, xogo e espectáculo" de Norman Barret, da Editorial Xerais, porque é interesante saber que o deporte, como actividade física, forma parte da Historia da Humanidade. O deporte non é só un espectáculo de masas ou un xeito máis de nos relacionar en sociedade. O deporte foi un factor decisivo do desenvolvemento e supervivencia da raza humana xunto a alimentación e o clima."
A outra recomendación é "Historia de la Música para niños" de Monika e Hans-Günter Heumann, da Editorial Siruela, porque é un xeito curioso e interesante de descubri que a música forma parte das nosas vidas dende o principio da humanidade. Este libro, lémbranos que vivir xuntos en sociedade tamén se fai co ritmo da música. Unha arte que foi mudando e evolucionando ao carón dos cambios que experimentaron as relacións humanas ao longo da historia.
Moitas grazas, Enrique!
E recordade que tedes estes libros na nosa biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario