22/04/10

GÚSTAME LER

Me gusta leer from Andres Ubierna on Vimeo.

As palabras… As palabras esconden historias que nos emocionan e fannos soñar. Úneas caprichosamente a man dun autor que decide que érase unha vez vai antes que unha princesa nun reino moi afastado que a pesar das adversidades terá un glorioso futuro.
Colle aire…
As palabras son símbolos, imaxes, pero tamén son soños, os teus soños, os meus soños, os soños dun descoñecido.
Gústame soñar. Gústanme as palabras. Deixarme levar a mundos afastados no tempo e no espazo. As palabras causan alegrías, tristeza, risas e bágoas. Fannos viaxar, fannos dubidar. Conseguirá escapar?, Volverán atoparse?, Lograrao?, Terá un final feliz?.
A curiosidade déixanos absortos na lectura e a intriga apodérase de nós. Non podes parar de ler. IMPOSIBLE. Desexas saber como acaba a historia pero ao mesmo tempo non queres que termine nunca.
Alguén chama á túa porta, volves á realidade. Quen será? Por que me arrinca da miña historia? Vences á intensa atracción que che une ao libro como a un imán. Os teus pés avanzan cara á porta pero a túa mente segue cativada polo relato.
Tres pasos: un, dous, tres. Abres a porta. Sorrís. Síntoo. Equivócase.
Non podes esperar máis. Abalánzaste sobre o libro como un depredador! Que vai pasar? Ábrelo e diante túa máis de trescentas cincuenta e catro páxinas de suspiros, duascentas cincuenta mil frases que fan que o teu corazón latexe máis rápido.
Palabras que resoan na túa cabeza. Gústame a intriga. Gústame emocionarme. Gústame o suspense. Gústame dubidar. Gústame imaxinar. Gústame?
Si, gústame ler.

Visto en Trafegando Ronseis

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...