27/05/18

O alumnado recomenda




"Son Tomás Pérez Santiago da clase de 3º A de Educación Primaria e a miña recomendación lectora para esta semana é o libro titulado “La aventura de los Balbuena en el Galeón Pirata” del escritor Roberto Santiago.
A historia trata dunha familia e uns veciños que foron mercar unhas bicis a un supermercado. De súpeto comezou unha tormenta e marcharon nas bicis para a casa pero impactou un raio contra eles e metéronse nun burato negro que os levou a diferentes lugares e momentos da historia, en concreto, a 1915. Foron dar a un barco pirata que loitaba contra os ingleses. Nesta loita, o capitán pirata Capanegra díxolle “ríndete o muere” a un dos chicos da familia.
Despois, o capitán dos ingleses tentou derrotar a Capanegra cando estivese distraído. Non conseguiu vencelo porque un destes rapaces avisou ao pirata que dous homes armados ían atacalo. En agradecemento, Capanegra díxolle a este rapaz “te debo una”.
Gústame moito este libro porque é moi divertido, interesante e mantén a intriga querendo ler seguido para saber como segue".
 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...