12/02/18

O alumnado recomenda


Alejandro Penedo Bouzón de 1º B de Educación Primaria recoméndanos o libro titulado “El libro de la selva” da colección de Walt Disney.
Trata dun neno que, desde pequeno, ten unha infancia moi diferente á de calquera bebé ou neno da nosa idade. En lugar de vivir cos seus pais, críase con outra familia que lle axuda, formada por varios animais, sobre todo, cunha manada de lobos que lle ensinaron como facer para vivir. No conto saen, xunto co neno Mowgli, algúns lobos, unha pantera, un tigre, unha serpe, un oso e varios monos.
Tal como di Alejandro “escollín este libro porque me gustan os animais e a natureza. Ademais o oso Baloo é moi divertido e lévase ben con Mowgli”. 



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...