21/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Desta volta Julia Isorna Fernández, da clase de 6º B de Educación Infantil, é a encargada de recomendarnos a lectura do conto “O embigo de Xanecas”.

“Xanecas era un neno de 4 anos, que un día mentres que o seu pai o estaba bañando decatouse que ao pasar o dedo pola barriga, se lle afundía nun buraco. Era o embigo! Pero Xanecas non sabía porque temos embigo, entón preguntoulle a seu pai. Este díxolle que o embigo servía para darlle corda cando espertaba pola mañá e aguantar o día xogando. Pero a Xanecas esa resposta pareceulle moi rara e foi a preguntarlle a súa irmá. Esta tamén lle dou unha resposta moi rara que a Xanecas non lle convencía, entón decidiu preguntarlle ao seu avó, o cal lle dixo que esa resposta a tiña a súa nai. Cando lle fixo esa mesma pregunta á nai esta explicoulle que o embigo servía para poder darlle aire e comida mentres el estivera dentro da súa barriga antes de nacer. A Xanecas esa resposta sorprendeuno moito. Agora xa sabía porque tiñamos o embigo na barriga”.

Con esta damos por rematadas as recomendacións lectoras dos alumnos/as da clase de 6º B de Educación Infantil. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e as vosas aportacións!


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...