30/06/17

NORABOA AO NOSO ALUMNADO!!!

Queremos felicitar:

 - Ao alumnado de 1º de EP que acadaron o 1º premio no VII Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG. 


- Ás alumnas de 4º da ESO Alba, Iria, Noelia e Nerea por superar con notas brillantes as probas DELF de Francés.



NORABOA A TOD@S!!! 


22/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Zaira Gómez Lajos proponnos esta vez a lectura do conto “Lobo feroz”.
“Este libro cóntanos a historia dun lobo moi lacazán que por non se esforzar só comía papas de arroz. Pero debido a isto, estaba tan tan fraco que xa non era capaz de asustar a ninguén. Farto desa situación un día decidiu cambiar de vida e converterse nun lobo feroz. Así pois, logo disto foise atopando con varios animais aos que tentou comer: unha cabra, un burro, unha ovella, unha vaca e un porco, pero todos eles lles foron tendendo trampas das que o lobo saía mal parado, polo que decidiu volver para o monte e seguir comendo papas de arroz.

O conto gustoume moito porque é moi divertido e ríome moito con el”. 

21/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Desta volta Julia Isorna Fernández, da clase de 6º B de Educación Infantil, é a encargada de recomendarnos a lectura do conto “O embigo de Xanecas”.

“Xanecas era un neno de 4 anos, que un día mentres que o seu pai o estaba bañando decatouse que ao pasar o dedo pola barriga, se lle afundía nun buraco. Era o embigo! Pero Xanecas non sabía porque temos embigo, entón preguntoulle a seu pai. Este díxolle que o embigo servía para darlle corda cando espertaba pola mañá e aguantar o día xogando. Pero a Xanecas esa resposta pareceulle moi rara e foi a preguntarlle a súa irmá. Esta tamén lle dou unha resposta moi rara que a Xanecas non lle convencía, entón decidiu preguntarlle ao seu avó, o cal lle dixo que esa resposta a tiña a súa nai. Cando lle fixo esa mesma pregunta á nai esta explicoulle que o embigo servía para poder darlle aire e comida mentres el estivera dentro da súa barriga antes de nacer. A Xanecas esa resposta sorprendeuno moito. Agora xa sabía porque tiñamos o embigo na barriga”.

Con esta damos por rematadas as recomendacións lectoras dos alumnos/as da clase de 6º B de Educación Infantil. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e as vosas aportacións!


20/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA

Álvaro López García, da clase de 6º B de Educación Infantil aconséllanos desta volta a lectura do conto “Viaxar en pixama”.

“Este libro fálanos do que podemos facer cando non nos quedamos a durmir e contar ovellas non nos funciona. Así pois, ademais das ovellas podemos pensar en outros animais como por exemplo: os abesouros, cos que poderíamos xogar; os canciños, cos que poderíamos bailar; as troitas coas que poderíamos nadar… É hora de descansar!”



18/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA

Hoxe é Antía Camba Loureiro, da clase de 6º B de Educación Infantil a que nos suxire a lectura do conto “Mi abuelo”.
“O libro relata unha historia entre un oso que é avó e o seu neto. O osiño cóntanos que o seu avó estase a facer maior, polo que unhas veces síntese só, pero cando están xuntos é feliz; outras veces comportase como un adulto e outras pola contra coma un neno; hai días que se atopa perdido, pero coa compañía do neto vólvese a atopar…
É un conto moi bonito que me gustou porque me fai sentir moita paz e porque ao igual que o osiño do conto, eu tamén quero moito aos meus avós e avoas”. 



14/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA




Desta vez é Uxia Lorenzo Abuín da clase de 6º B de Educación Infantil a que nos recomenda ler o conto de “Topito Terremoto”, de Anna Llenas.
“O protagonista da historia, Topito, non é capaz de parar quieto un momento, distraese continuamente, non controla a súa enerxía… De igual forma na escola non escoita nin atende, perde as cousas ou rómpeas, molesta aos compañeiros/as… É por iso que moitos xa non queren ser os seus amigos/as e chámanlle de todo (raro, maleducado, impaciente, hiperactivo…). A mestra e os seus pais están moi preocupados porque xa non saben que facer, pero un día contactan con Berta, unha Maga que comeza a axudarlle a Topito para que sexa capaz de canalizar a súa enerxía cara aquilo que máis lle guste facer. Ao cambiar o seu comportamento todos volven a ser felices con el.
O conto gustoume moito porque grazas a que a Maga escoita e comprende a Topito, este consegue estar cada vez está máis tranquilo e comeza e remata máis tarefas sen deixalas a medias.”



12/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA



Elena Isorna Felpeto recoméndanos nesta ocasión a lectura do conto “¡Te he visto!”.
“O protagonista da historia chámase Juan, e a súa nai encárgalle a tarefa de levarlle uns pasteis á súa avoa. De camiño á casa desta, Juan decátase que os pasteis se moveron dentro da bandexa na que os leva, e abre a bandexa para comprobalo. Como un dos pasteis se separou do resto decide comelo asegurándose de que non o vexa ninguén… pero de súpeto un esquío grítalle: “¡te he visto!”, e o esquío dille a Juan que non lle contará nada á súa nai coa condición de que lle deixe comer tamén a el un pastel. Pero antes de chegar á casa da avoa van aparecendo máis animais, e Juan vai repartindo os pasteis ata que os acaba todos. Cando ve que xa non lle queda ningún comeza a chorar, e os animais deciden axudarlle recollendo froitos, flores, e abelás no monte. Cando chegan onda a avoa esta recíbeos moi contenta e fan unha festa con todo o que lle levaron.
O conto gustoume moito porque os animais axúdanlle a Juan e entre todos gárdanlle o segredo do que pasou cos pasteis”. 





09/06/17

Voz Natura

Todos os anos, o primeiro sábado do mes de xuño, os alumn@s de quinto imos a unha excursión que nos rechifla: VOZ NATURA!!!!

Ollade...


08/06/17

EXCURSIÓN A RIBADUMIA

OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE VISITA A UNHA BOUTIQUE DO PAN, ONDE FIXEMOS TANTO UNHA BOLIÑA DE PAN, COMO CROISANTS, ADEMÁIS DE VER EN DIRECTO A ELABORACIÓN DE 2 TORTAS CUNHA PINTA DELICIOSA.TAMÉN NOS DERON UNHA MERENDOLA PARA REPOÑER FORZAS LOGO DUNHA MAÑÁ DE TANTO TRABALLO...FOI UN DÍA XENIAL!

Letras Galegas 2017

Deixámosvos unha pequena montaxe, resumo de moitas actividades que levamos a cabo en relación a Carlos Casares e o día da nosa língua. Agardamos que vos guste!!!



07/06/17

DÍA DO LIBRO


Non coñecemos outro xeito de festexar o Día do Libro sen facer o noso Mercadiño solidario de alimentos!!!
Aquí vos deixamos unhas imaxes que reflexan os bos sentimentos do noso alumnado e as súas familias hacia os máis necesitados...e como non... de seu interese pola lectura!!!


06/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA





Breogán López Figueira, da clase de 6º A de Educación Infantil recoméndanos a lectura do libro “La cocina de la bruja”.
“En cada unha das súas páxinas este conto ten unhas solapas que ao levantalas nos vai mostrando o que agocha unha bruxa na súa cociña. Así pois por exemplo, na neveira garda un queixo pero tamén uns morcegos; nunha lata garda galletas pero tamén serpes e arañas vivas; na súa despensa garda pasta e tomate frito pero tamén un esqueleto…
Este conto gústame moito porque ao levantar as solapas aparecen moitas cousas diferentes e por iso é moi divertido”. 


05/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA




Leo Mollinedo Bóveda, da clase de 6º B de Educación Infantil, fálanos nesta ocasión do libro ¿Quién soy en la granja?”.


“A min gústanme moito os animais, e este libro móstranos e fálanos de todos os diferentes animais que podemos atopar nunha granxa (ovellas, vacas, cabras, galiñas…). Primeiro dános unha pista do animal do que nos vai a falar e a continuación fai unha pequeniña descrición sobre el.” 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...