20/03/17

O ALUMNADO RECOMENDA



Desta volta é o noso compañeiro Brais Torres García de 1º de Educación Primaria quen nos aconsella ler o libro titulado "Os Bolechas: animais do bosque".


"Este conto gustoume moitísimo porque trata dos animais que podemos atopar nos bosques de Galicia como son os esquíos, os lagartos ou as aguias. Ademais de presentalos, cóntanos a súa alimentación, como se moven e onde fan as súas casas. É un pouco largo porque ten moitos animais e as palabras que emprega ás veces son difíciles de entender. Por iso, tardei en acabar de lelo. Aínda así penso que lle vai gustar moito a todos os nenos da escola tanto pequenos como maiores que estean interesados en coñecer máis cousas sobre a vida dos animais galegos."

Moitísimas grazas Brais pola túa recomendación!



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...