27/03/17

NOVIDADES LECTORAS



Hoxe, 27 de marzo, sairá á venda un novo libro da colección Intermedio de Sushi Books: Habaixo o colexio!, de Geoffrey Willans, con ilustracións en branco e negro de Ronald Searle. 

Un libro divertido e irreverente sobre a vida escolar e un clásico da literatura ilustrada do século XX, para lectores a partir de 10 anos. 



"Nigel Molesworth non será o mellor estudante do St. Custards, pero é quen de expresar os seus sentimentos cara o seu amado colexio e de crear unha guía para recoñecer dunha ollada o inimigo (os profesores), para evitar as clases, ou para torturar os pais. 'O único bo do colexio son os RAPAZES que son nobres balentes intrépidos etc. aínda que tamén hai varios chapóns, habusóns, miñaxoias, gordos cebados e pailáns ós que non me queda máis remedio que haturar. De feito calquera colexio é unha cousa desastrosa". 


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...