03/02/17

O ALUMNADO RECOMENDA



Desta volta é Elena Maneiro Falcón de 3ºA quen nos recomenda un dos seus libros favoritos:"Los Cinco en peligro".


"Este conto está dentro dunha colección completa que recomendo porque é moi entretida. Neste caso trata de cinco rapaces que van a unha aventura na neve. Teñen que empregar o seu inxenio para saír sans e salvos. Deses cinco nenos algúns son máis listos que os outros pero todos eles son moi divertidos. Tan divertido que enganchan a continuar lendo. De feito, só tardei unha semana en acabar este e vou seguir collendo máis contos sobre Os Cinco. Se vos gustan as aventuras e o misterio, non dubidedes en collelo!"


Moitísimas grazas, Elena!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...