21/11/16

O ALUMNADO RECOMENDA


Esta semana, a vosa compañeira Manuela Busto Dávila de 3ºA recoméndanos un libro diferente: "RECETAS FÁCILES, RÁPIDAS Y DELICIOSAS"


"Recoméndoo porque me encanta cociñar. De feito, encántame facer receitas novas coa miña nai e este libro axúdanos moito. Cada día escollo unha receita e leoa varias veces para despois facela na casa.

O libro ten moitas receitas pero as mellores son as dos postres e doces. De feito, hai unha en especial que me gusta moitísimo agora que xa está a piques de chegar o Nadal: a trenza de mazapán. 

Se vos gusta a cociña ou queredes ler nun formato distinto, non dubidedes en coller este libro na biblioteca!"

Moitas grazas pola túa recomendación, Manuela!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...