22/04/15

REFRÁNS DO MES DE ABRIL



  
 Seméntesme tarde, seméntesme cedo,
hasta o mes de abril non me verás o pelo.
(as patacas)



En abril, augas mil



Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.



Abril, augas mil coadas por un mandil.



A ti chova todo o ano e a min abril e maio.



Xaneiro, xeadeiro; 
febreiro, marmaruxeiro, cada surco seu regueiro;
marzo nin o rabo do gato mollado;
abril canta poida vir; 
maio pardo;
 San Xoán craro; 
Santa Mariña calor;
agosto millor, conténtate labrador.





Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.


Viño de abril arde no candil; 
viño de maio pouco e malo.



Viño de abril non vai ó funil.



Vale máis o trebón de abril 
que os bois e o carro e aquel que vai nil.



Vale mais abada de marzo que feixe de abril.


Si queres ter boas pitas e bó galo,
colle os ovos en abril e bótallos en maio


Si marzo non marcea, abril cantalea.


Que lista era a vella dos anos mil gardaba o

pan pra maio e a leña pra abril.



Pra cenar en abril nin sol nin candil



Os enxames de abril, gárdallos pra ti,
os de maio a quen chos pida, dallos
 e  os de San Xoan bótallos ó can.


Os aires de abril fan meter o porco no cubil.


O sol da na cama en abril; deixa labrego de dormir



O millo polo San Marcos
nin no saco nin nado.
( 25 abril día de San Marcos)



O año de abril enche o regazo e o mandil.


No mes de abril fai queixos mil.


No abril, pra min;

no maio, pró amo,
no san Xoán, pró criado.
(a lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)



Labrador no abril deixate ir hasta o meixil



Guarda pan pra maio e palla pra abril.



Escárbame en abril, e pódame en maio
que chepagaréi o teu traballo.


En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás a durmir.







Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...